Máis protestas en Galicia contra a Lomce

manifestantes en contra da lomce/GC

Profesionais da educación volven saír á rúa para esixir “que se lles escoite”.

Profesionais da educación volveron a saír á rúa este martes na comunidade galega para protestar contra a Lomce e esixir “que se lles escoite”.

Profesionais de educación volven á rúa. Fonte: Europa Press

En Vigo, medio cento de persoas participaron na concentración convocada pola Plataforma en defensa do ensino público para lembrar ao Goberno que seguen en contra da Lomce.

Con bandeirolas, camisetas e pancartas, o persoal do ensino de Vigo e a súa área concentrouse na Porta do Sol, onde as persoas alí mobilizadas cantaron consignas como ‘Lomce non, derrogación’ e ‘Rajoy, escoita, volvemos á loita’.

Unha portavoz dos colectivos convocantes, Maite Freijido, de UXT, trasladou que os profesionais do ensino volven á rúa para remarcar que continúa “o seu descontento” coa Lomce e con que as normativas non sexan consensuadas, senón “impostas”.

En concreto, criticou as reválidas, así como que hai uns “cocientes inmensos” e “masificación” nas aulas, que as cargas de traballo docentes son “moi grandes”, e que non se pode atender a diversidade.

É por iso que a plataforma convocou mobilizacións ademais de en Vigo, en Ourense, Pontevedra, A Coruña e Monforte de Lemos (Lugo), e esixiu que se chegue a un pacto pola educación que sexa “de consenso e duradeiro”, e para o que se escoite “a toda a comunidade educativa e profesorado”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here