InicioCulturaBóveda empeza abril con gran dinamismo socio-cultural

Bóveda empeza abril con gran dinamismo socio-cultural

O concello ofrece un obradoiro de memoria e convida a unha exposición de pintura e unha representación teatral.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Bóveda, pensando nos maiores, organiza unha vez máis un obradoiro de memoria baixo o título ‘ActivaMente’. A actividade, de grande interese para a veciñanza, será de balde e realizarase os martes de 11:00 a 12:30 h. sendo a primeira sesión o vindeiro martes 5 de abril ás 11:00 horas no Centro Sociocultural. Está dirixida a maiores de 55 anos ou persoas con necesidades de estimulación cognitiva e durará todo o segundo trimestre.

As persoas interesadas poden inscribirse na Casa do Concello ou chamar ao teléfono 982 42 61 77.

EXPOSICIÓN DE PINTURA E TEATRO

O concello retoma este mes de abril a dinamización do espazo expositivo do Centro Sociocultural que se vira afectado pola pandemia. Farao coa  inauguración dunha exposición pictórica que amosará a obra do veciño da localidade Henrik Lindegarrd Jensen, coñecido como  ‘El danés’. Será o vindeiro día 9 de abril ás 19:00 horas e haberá un aperitivo para as e os presentes.

Poderá ser visitada de luns a venres e en horario de 10:00 a 14:00 h. pola mañá, e de 16:30 a 19:00 h. só os martes e os mércores. A mostra estará no Centro Sociocultural ata o 9 de maio.

Obra da mostra que ilustra o cartel anunciador.

Por mor da restrición de aforos, as exposición que se viñan realizando neste espazo, e organizadas polo Concello de Bóveda, deixaron de realizarse. Agora, ante a nova situación pandémica, o concello retoma este tipo de eventos e ofrece a sala de mostras a calquera artista que o necesite.

O mesmo sábado, 9 de abril, volve o ciclo ‘Expresións teatrais’ de teatro afeccionado coa posta en escena da obra ‘A tortilla e a peste’ a cargo de Nova Escena Teatro no Centro Sociocultural ás 20:00 horas. Trátase dunha comedia e está recomendada para todos os públicos.

Sinopse

Varias mulleres contan a súa experiencia durante o período de confinamento. A privación de contacto, o illamento, a distancia, fan que cousas cotiás como unha simple tortilla adquiran unha dimensión diferente.

ÚLTIMAS

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...