Música medieval en Monforte e documental da Revolución no Saviñao

O programa "O son do tempo" chega este venres a Monforte, onde tamén mañá organiza unha conferencia sobre educación na sociedade actual, a Asociación cultural, educativa e Social aulABERTA. Mentres no Círculo Saviñao proxectarase o día 4 ás 20.30 "Narote", o último supervivinte da Revolución de Asturias.

Lucus Ensemble

O 3 de maio ás 20.15, a Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte acolle o concerto de Lucus Ensemble. O concerto forma parte do programa de concertosO son do tempo da Deputación de Lugo, que ten como obxectivo o estudo, a divulgación, o préstamo de pezas e a promoción da música medieval para o público.

Lucus Ensemble é unha formación dun grupo de músicos vinculados á cidade de Lugo que se unen para desenvolver proxectos musicais adaptados a unha plantilla de corda, vento e percusión. No concerto deste venres en Monforte utilizarán tanto instrumentos medievais coma actuais. De feito, coincidindo co concerto, contarase cunha exposición de instrumentos medievais elaborados polo Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo. Ámbalas dúas actividades son de balde.

Cartaz

Tamén este venres, a   de Monforte organiza unha charla que se desenvolverá a partir das 20.00 h. no salón de actos do Centro Cívico do Malecón. Víctor Arufe, licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, Máster de Alto Rendemento Deportivo do Comité Olímpico Español, abordará as claves para unha boa educación na sociedade actual.

Asociación cultural, educativa e Social aulABERTA está integradapor persoas relacionadas co mundo do ensino e con inquedanzas nos ámbitos cultural, educativo e social da comarca. A actividade é de balde e está aberta a todas as persoas interesadas.

Círculo Saviñao

O Círculo Saviñao conta ata o 26 de maio, coaexposición de pintura “4 médicos pola Ribeira Sacra”, con obras de Leopoldo García Méndez, Xesús Vázquez Gallego, Pablo Galego Feal e Tino Cuesta. Trátase de artistas con diferentes estilos ós quesó lles une o amor pola pintura, a amizade e a súa profesión. É a terceira vez que o Círculo Saviñao conta con esta exposición que en cada ocasión aporta obra nova.

Inauguración da exposición / Círculo Saviñao

 

O Círculo Saviñao acolle este sábado, 4 de maio, a partir das 20.30, a proxección de “Narote”, o último supervivinte da Revolución de Asturias. O traballo dirixido por David Vázquez é unha produción de Airoa Comunicación, coa colaboración de Pinancho Audiovisuais e a axuda da Deputación Provincial.

Cartaz

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here