732.000 para a mellora das estacións de autobuses da provincia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de asinar unha encomenda de xestión coa Axencia Galega de Infraestruturas para acometer un plan de mellora das estacións de autobús da provincia de Lugo

Estación de autobuses de Monforte / Nexotrans.com

En toda a provincia investiranse 732.603 euros, tendo obras programadas nas estacións de autobuses de Burela, Monforte de Lemos, Ribadeo, Viveiro e Sarria.

Acometeranse reparacións puntuais e melloras nas cubertas, incluído canlóns e baixantes; acondicionarasne as instalacións eléctricas e iluminación; repararanse pavimentos na zona de circulación de autobuses e colocarase mobiliario en zonas de espera de viaxeiros. Tamén se prevé o arranxo de aseos, peches exteriores  e falsos teitos das edificacións, pantallas de información e outras reparacións de menor entidade. Reporase tamén o mobiliario.

Á estación de Monforte adicaranse 161.800 euros e 124.100 á de Sarria. Na Mariña destinaranse 70.300 euros á estación de Burela, á de Ribadeo 140.400 euros e 221.300 euros á de Viveiro.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here