IniciosociedadeAlumnado de 4º ESO de Monforte grava un telexornal canda o presidente...

Alumnado de 4º ESO de Monforte grava un telexornal canda o presidente da Deputación

Estudantes do CPR Ferroviaria de Monforte visitaron as instalacións dos Servizos Audiovisuais de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

Alumnas e alumnos de 4º da ESO do CPR Ferroviaria de Monforte puideron experimentar a gravación dun telexornal canda o presidente da Deputación, José Tomé. O informativo, bautizado como ‘Ticodiario’, incluíu noticias sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade da Unesco ou sobre o Club de Ximnasia Rítmica Quicela de Monforte.

José Tomé estivo coas estudantes monfortinas durante a súa visita ás instalacións dos Servizos Audiovisuais provincial. Alí, realizaron un percorrido polos distintos departamentos: desde o arquivo e redacción ata as salas de edición, sen esquecer as mesas de realización e son e os estudos.

Nestas instalacións puideron coñecer de man dos profesionais como funciona cada sección e o traballo en equipo necesario nun medio audiovisual. Alí tamén recibiron información sobre dous ciclos superiores de Realización e Produción impartidos no centro.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...