InicioTerra de LemosMonforteO alcalde renovará o alumeado de varias rúas de Monforte

O alcalde renovará o alumeado de varias rúas de Monforte

Publicado o

- Advertisement -

As rúas Conde e Hortes serán as elexidas para esta renovación do alumeado

Coa entrada en vigor dos presupostos municipais en marzo, o Concello segue adiante con novos proxectos para continuar avanzando na mellora da iluminación pública da cidade do Cabe.

O alcalde destacou que, “con todos estos traballos de renovación la iluminación imos conseguir aumentar o rendementos lumínico sen aumentar o gasto. Tal e como vimos demostrando con diferentes actuación como na rúa Ferrocarril, no Paseo do Malecón, Aceña Nova, Cardenal, Abeledos entre outras; unha das prioridades deste goberno esta sendo recuperar e mellorar a iluminación de Monforte”. Tamén engadiu que, “temos a vontade de seguir facendo actuacións dest tipo noutas rúas da cidade ata conseguir unha mellora global do alumeado público”.

O Alcalde tamén destaca que “tiñamos claro que unha das nosas principais actuacións tiña que ser a mellora do alumeado público, tanto no urbano como no rural. De feito, na zona rural entre a instalación de novos puntos de luz e o encendido de farolas que estaban apagadas, a día de hoxe hai máis de 200 puntos de luz, unha cifra que antes non había”.

Rúa de Monforte. Fonte: Concello de Monforte

 

ÚLTIMAS

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...