InicioCulturaAgosto, o mes de Monforte

Agosto, o mes de Monforte

Publicado o

- Advertisement -

Dende o día 3 ata o 7 de agosto, na Rúa Cardenal, vaise celebrar a XX mostra de artesanía Artelemos, unha celebración arraigada na cidade e que serve de anticipo ás festas patronais. Un total de 27 artesáns, dos cales 12 son da comarca de Lemos, que ofrecerán os seus produtos e coñecementos no oficio a todos aqueles que se acheguen a visitalos. Durante os días que os artesáns teñan as casetas abertas no Cardenal -en horario de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 23:00 horas-, os máis cativos terán a oportunidade de aprender un pouco máis dun oficio ancestral, a olaría. Deste xeito, os días 4, 6, e 7, de 18:30 a 20:30 horas, na caseta destinada para este fin, os menores interesados en aprender a facer olas, pintar ou traballar o barro, terán a oportunidade de pasar unha xornada diferente mentres comparten coñecementos con outros cativos.

Dunha festa xa organizada, pasamos a outra á que só lle faltan uns remates, as festas patronais de agosto. Dende o 30 de xullo ata o 9 de agosto, en horario de 9:00 a 14:00, todos os interesados en participar como cabezudos, deberán presentarse nas oficinas de rexistro municipal para inscribirse. Para tal fin, os interesados deberán ser maiores de idade ou contar con autorización legal e tras o remate das celebracións, recibirán unha compensación económica.

O desfile dos cabezudos, de arraigada tradición, será os días 12 e 16 de agosto en horario matinal. Acompañados de música, percorrerán algunhas das principais rúas da cidade para animar ós veciños e fomentar a continuidade desta tradición arraigada entre a poboación. As actuacións musicais deste ano son; o sábado 11 actuará o dúo Bleset na Praza de España; o domingo 12, na explanada da Compañía, actuarán os leoneses Café Quijano. Ó día seguinte, luns 13,  e tamén na Compañía, será o turno de Seguridad Social. O día 14 habrá actuación dobre, primeiro cantará Lucía Pérez e posteriormente, o grupo Gin Toni´s. O penúltimo día das festas e o día grande, o día 15, será o turno de Amaia Montero e, o 16, de peche de festas e tras o fogos de artificio do río, será o turno de Efecto Pasillo. Antes e despois de todos os concertos programados, e sempre na explanada da Compañía, actuará unha orquesta. Unha semana de lecer para todos os públicos que poderán gozar de todas as actividades e concertos que se van a celebrar dun xeito gratuito.

 

 

ÚLTIMAS

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...