InicioCulturaA entrega de galardóns, o punto e final da X edición do...

A entrega de galardóns, o punto e final da X edición do Cume Tapas

Publicado o

- Advertisement -

A delegación zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo clausurou, o venres 3 de agosto, coa entrega de premios, a X edición do Cume Tapas que se celebrou en Monforte entre o 26 de maio e  o 10 de xuño. No Centro do Viño da Ribeira Sacra entregáronse os máis de 30 agasallos do sorteo de cupóns e os galardóns aos gañadores do concurso fotográfico realizado nas redes sociais: Alberto Rodríguez Pombo e Paula Fernández Rodríguez. Os establecementos premiados foron:

Modalidad tradicional: Tapería Centro do Viño R.S., coa tapa “Faceiras ao mencía”

Modalidad creativa: Tapería Brancellao, coa tapa “Xarrete de tenreira, repolo, shimeji e parmentier de castaña e trufa.

Mellor maridaxe con viño da Ribeira Sacra: O Viñedo, coa tapa “Medallón crocante con compota de mazá e redución de mencía”

Mellor tapa infantil: El Jardín de las Delicias, con “Delitorta”

Tapa saudable: AWA Monforte, con “Canelón de salmón recheo de tabulé, guacamole e mostaza, brotes e redución de mencía”

Premio especial dos compañeiros: Tapería Brancellao

Momento da entrega do galardón a un dos premiados no certame /Concello de Monforte

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...