Iniciosociedade"Acertamos desde o concello ao non celebrar as patronais", afirma o alcalde...

“Acertamos desde o concello ao non celebrar as patronais”, afirma o alcalde de Monforte ante o gromo na cidade do Cabe

Monforte conta este venres, 20 de agosto, cunha incidencia superior aos 500 casos por cen mil habitantes. Con 93 casos activos de Covid19, 26 máis ca conte, correspondendo 48 á última semana, confírmase así o gromo de xente nova na cidade do Cabe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde, Tomé Roca, referíase así a este gromo de verán “A situación polos datos que no dá o sergas é preocupante, porque é un gromo de xenete nova, rapaces e rapazas que parece ser que nalgún tipo de festa que fixeron, mesmo fóra do noso concello, pero que teñen repercursión no concello, pois se contaxiaron.”

Segundo o alcalde, nesta situación, a decisión do concello de non celebrar as patronais foi a correcta, “Isto reafírmame en que acertamos plenamente desde o concello en non ter celebrado as festas patronais. Imaxínense vostedes que coincidindo con estes contaxios nas festas patronais con miles de persoas, tería sido posiblemenete moito peor.”

“Apelo á responsabilidade de todos para que non relaxen as medidas de prevención e poidamos todos evitar restricións no comercio e na hostalería que sería negativo para a economía do concello e da comarca,” conclúe o alcalde. Polo momento non se conta con ninguna hospitalización por este gromo.

ÚLTIMAS

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...