InicioPolíticaContinúa a renovación e acondicionamento das rúas de Monforte

Continúa a renovación e acondicionamento das rúas de Monforte

Publicado o

- Advertisement -

O luns 3 de setembro darán comezo as obras de mellora e acondicionamento na contorna do cemiterio municipal de Monforte e a rúa Santo Domingo.

contorna do cemiterio

No tocante ó cemiterio municipal as obras que se van a acometer serán na explanada frontal e na marxe dereita por onde se accede a un dos tanatorios e á Cooperativa Lemos así como na outra marxe que ten saída cara a estrada provincial de Monforte a Pantón, por A Vide e por Moreda.

Para esta zona está programado que se regularice a rúa que une a estrada da Vide co acceso ó cemiterio, a igualación da anchura, renovación do firme, arranxo íntegro do acceso á Cooperativa Lemos e finalmente, aplicarase unha capa de aglomerado en quente en toda a zona afectada.

rúa santo domingo

As obras previstas para a vía da zona monumental da cidade, que está previsto que teñan 2 meses de duración, vaise colocar un novo pavimento de pedra granítica e realzar as tapas dos pozos e dos sumidoiros ata que alcancen o novo nivel do pavimento.

 

 

 

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...