Desarticulado un punto negro de venta de droga no centro de Monforte

Na detención, que se efectou de madrugada na Praza de España, intervíronse cartos e doses de cocaína preparada para a súa distribución

Un cohce patrulla da Policía Nacional/GC

Na madrugada do 5 de setembro, un home, de nacionalidade española e orixe sudamericana,  foi detido na Praza de España de Monforte acusado de tráfico de drogas.

No operativo de desarticulación do punto negro de venta de estupefacientes, os axentes da brigada de seguridade cidadá da Policía Nacional que participaron da detención, incautáronse de varias doses de cocaína preparada para a súa venta e dunha gran cantidade de diñeiro en efectivo.

Segundo puido saber este xornal, o detido podería pasar a disposición xudicial nas vindeiras horas.

 

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here