Unha asociación de Monforte percorre Galicia detectando casos de maltrato, anorexia, bulimia e obesidade

Doente de anorexia/Youtube

A Asociación CIOR Monforte recentemente cambiou a súa nomenclatura a CIOR Galicia. Aínda co cambio non se presente como de suma importancia, Luz Cid, a presidenta de dita organización, explica cales son os motivos de esta mellora.

Logotipo de Cior Galicia/Luz Cid

Que significa ser CIOR Galicia?

Sobre todo significa poder traballar a nivel autonómico. Ata agora o que estabamos facendo era actuar en Monforte e poboacións próximas, sobre todo nos centros escolares pois dende CIOR consideramos que é máis importante previr que lamentar.

Cómpre ter en conta que nós temos como obxectivo previr, detectar e contribuír á curación e á superación dos trastornos da conducta alimenticia (TCA) a través da axuda, asesoramento e apoio necesario, tanto ós usuarios como ós seus familiares.

É dicir, que vades prestar servizo en toda Galicia. E como o ides facer?

Imos continuar ca mesma rutina de traballo que tiñamos ata agora, é dicir, desprazarémonos ata onde nos reclamen para prestar asesoramento e axuda. Igualmente, imos conservar a nosa sede social en Monforte e por outra banda, traballaremos con Hospitais de Cervo, Lugo e Monforte.

Que ides facer nos hospitais?

No HULA imos ter unha oficina onde poden acudir a ela todos aqueles que o precisen tanto a nivel individual como todos aqueles que o endocrino considere que sofren algún TCA.

E por outra banda imos prestar asesoramento ós médicos. Ímoslle dar pautas de empatía ca doenza e sobre todo que aprender a coñecer calquera tipo de síntoma, por moi insignificante que sexa, para detectar un trastorno de alimentación. Dende CIOR Monforte coñecemos moi ben como actúan e pensan as persoas que sofren doenzas relacionadas ca alimentación porque algúns dos integrantes somos doentes delas. Deste xeito, podémoslle transmitir ós doutores toda a formación necesaria, e de primeira man, para traballar con persoas que teñen conductars negativas ca comida

Ata agora soamente falache de Lugo, e o resto de provincias de Galicia?

O noso traballo vaise centrar sobre todo en Ourense e Lugo porque son as comunidades nas que non existen unidades de este tipo. En Pontevedra e A Coruña xa hai asociacións que traballan a reo.

De todos modos, se nalgún momento fixera falta ir a Vigo, por exemplo, non teríamos problema.

Cal consideras que é a fórmula pola cal tedes éxito?

Empatía. Nós tamén somos doentes de TCA e sabemos perfectamente o que se lle pasa pola cabeza a unha adolescente con anorexia, por exemplo, porque as mesmas explicacións, escusas e forma de pensar tamén a tivemos nós no seu momento.

Como actuades en casos graves?

Cando vemos que a nosa axuda non é suficiente en caso de doentes graves, sempre lles recomendamos que se vaia a Santiago onde existe unha unidade de ingresos para poder atallar o problema. Nós queremos que todas as persoas estean ben.

Continuaredes visitando os centros escolares como no curso pasado?

Si. Somos dos que pensamos que a prevención é fundamental e sobre todo na adolescencia. O buylling é moi frecuente nos colexios e a educación nese ámbito é fundamental.

Os rapaces con falta de autoestima poden pasar da obesidade á anorexia sen darnos conta do motivo. E nos temos a obriga de descubrilo, facelo ver e sobre todo, poñerlle solución.

Cantos tipos de Trastorno de Conduta Alimenticia existen?

Moitos. Xeralmente pénsase na anorexia porque é o máis amosado nos medios pero tamén son a bulimia, obesidade e o trastorno do atracón.

Todos eles teñen como desencadenantes as drogas, alcol, buylling, falecemento dun ser querido, problemas no fogar como divorcios ou falta de autoestima pero en xeral, todos teñen en común que son a válvula de escape de situacións negativas.

 

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here