InicioTerra de LemosMonforteA web do Concello de Monforte vítima dun "ciberataque ruso"

A web do Concello de Monforte vítima dun “ciberataque ruso”

O Concello estima recuperar a actividade normal en dous ou tres días. Tamén recalcou que os veciños da localidade poderán seguir utilizando a Sede Electrónica para realizar os seus trámites con total normalidade, xa que esta non se viu afectada o ataque.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Monforte de Lemos sufriu un ciberataque que deixa a súa páxina web fóra de servizo durante polo menos dous ou tres días, xa que, aínda que á primeira hora desta xornada parecía que se resolveu o problema, posteriormente comprobouse que non era así e volveuse a pechar.

Nun comunicado aos medios, o Consistorio explicou que o ataque chega desde Rusia e inserta publicidade na web. Non habería ningún motivo en particular polo que se puido producir o ataque, trátase de ataques indiscriminados e aleatorios que buscan implantar publicidade maliciosa nas webs.

O Concello insistiu en que non se roubaron datos de ningún usuario ou cliente, nin da propia web. O ataque, detectado polos técnicos informáticos do Concello o pasado luns, provoca a aparición de publicidade non desexada na páxina de inicio da web.

A SEDE ELECTRÓNICA PÓDESE SEGUIR USANDO

Tamén recalcou que os veciños da localidade poderán seguir utilizando a Sede Electrónica para realizar os seus trámites con total normalidade, xa que esta non se viu afectada o ataque.

Segundo as comprobacións realizadas polos técnicos da entidade municipal, estímase que a web volva ao seu normal funcionamento nos próximos dous ou tres días.

ÚLTIMAS

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...