O programa Activa Monforte ten aberto prazo de inscrición

As actividades que se desenvolverán entre outobro e decembro no centro cívico e nas parroquias son de balde.

Centro Cívico e Social / Concello de Monforte

Para esta quenda de Activa Monforte hai 545 prazas. As bases da convocatoria poden consultarse na web do concello de Monforte. No centro cívico ofértanse 17 actividades que son as seguintes: ximnasia de mantemento, xinmasia acuática, conservando a memoria, risoterapia, manexo do móbil, internet e correo electrónico, informática (niveis iniciación e perfeccionamento), inglés para maiores, baile iniciación e perfeccionamento, reciclaxe e costura creativa, tapas e petiscos, encaixe de bolillos, pilates, fotografía e saúde e beleza natural. Nas parroquias a proposta de talleres é a seguinte: ximnasia de mantemento, conservando a memoria, manualidades, baile e risoterapia.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here