InicioPolíticaKaty Varela, presidenta do PP de Monforte co apoio unánime de afiliados

Katy Varela, presidenta do PP de Monforte co apoio unánime de afiliados

"Traballo, entrega e, sobre todo, xestión" fronte á "propaganda" é parte do que promete Varela.

Publicado o

- Advertisement -

A portavoz do Grupo Municipal do PP de Monforte, Katy Varela, foi elixida presidenta da agrupación local por unanimidade, segundo informou o partido nun comunicado. A súa executiva estará formada por outras 28 persoas.

“Procurei falar con todos porque cando formas parte dun partido político, debemos lembrar que o noso fin é a participación dos cidadáns na vida democrática, velando sempre polos seus intereses. Debe, por tanto, haber certa vocación de servizo público e unha actitude de mellorar as cousas da sociedade”, explicou.

A presidenta estivo arroupada este domingo pola presidenta provincial, Elena Candia; polo vicepresidente do PP na provincia e vicepresidente segundo da Xunta de Galicia, Francisco Conde; así como por alcaldes da zona e outros cargos orgánicos, como os secretarios xeral e de organización, Javier Nodal e Javier Vázquez Prado; ou o coordinador, José Manuel Balseiro.

Traballo, entrega e, sobre todo, xestión” fronte á propaganda é parte do que promete Varela. “Somos dos concellos cos impostos máis elevados e que menos repercute en axudas directas aos seus cidadáns”, criticou, tras o que apuntou que o partido ten a “obrigación e a responsabilidade de ofrecer unha alternativa seria e estable aos monfortinos de cara aos próximos comicios”.

Para Katy Varela, ter ao PSOE nos gobernos “nunca é rendible”, argumentando a “grave” situación que atravesa o sector do transporte, gandaría e o colectivo autónomo coa subida dos prezos e, a nivel de infraestruturas, estar “descolgados” da Alta Velocidade e “sen autovías”.

APOIO DO PARTIDO

Doutra banda, a presidenta provincial encomiou a Varela e o seu equipo e asegurou que “non todos son iguais” e que “fronte a slogans e fotos, e mesmo comentarios prepotentes ou desafortunados, o PP ofrece seriedade, rigor e traballo”. Elena Candia referiuse ademais a Monforte como “o corazón da Ribeira Sacra”; zona de “enorme potencial, pero que só ten un alcalde que o único que fai é criticar ao presidente Feijóo e que aplica unhas políticas do século XIX”.

Nesta mesma liña, Conde destacou que en todos os gobernos do PSOE “a dinámica é esconderse”. “O Goberno de Sánchez, apoiado por Tomé, non dá a cara. Aquí non se tomou ningunha medida, a pesar de que seguen ingresando todos os impostos. Como país estamos nunha illa”, lamentou.

“Pola contra, nós estamos aquí para dar solucións e facémolo apoiando a presidencia de Katy. Dedicarémonos a traballar e a sumar porque aquí todo está paralizado e iso non o podemos consentir”, defendeu o vicepresidente da Xunta.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...