A volta ciclista a Galicia volve a Monforte

A 17 Volta ciclista a Galicia terá a Monforte como protagonista da cuarta etapa o domingo 23 de setembro.

Volta ciclista en Monforte / ABFF

A cuarta etapa terá un percorrido de 145 quilómetros e medio. A saída será ás 10.00 da mañá do día 23 da Compañía e a chegada está prevista para as 13.30 no mesmo lugar.

No percorrido o pelotón pasará por Bóveda, Sarria, Incio, A Pobra do Brollón e Quiroga, entre outros lugares.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here