IniciosociedadeTraballos de limpeza da Ponte Medieval de Monforte

Traballos de limpeza da Ponte Medieval de Monforte

Estanse a realizar este luns 30 de maio coa previsión de rematar cara ao mediodía. Estará cortado o paso de vehículos e de peóns.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Brigada Municipal de Parques e Xardíns do Concello de Monforte está a realizar, na mañá deste 30 de maio, traballos de limpeza da vexetación superficial que se foi acumulando na Ponte Medieval co obxectivo de  resaltar a súa beleza monumental.

A policía local mantén cortado o acceso a peóns e a vehículos dende as 7:30 horas e ata que se consideren rematados os devanditos traballos de limpeza.

O alcalde, José Tomé, comentou ao respecto que “a limpeza e o axeitado mantemento deste Ben de Interese Cultural é unha das actuacións que este goberno municipal contemplou dende que iniciamos o noso mandato. A Ponte Medieval é un monumento que forma parte da imaxe da nosa cidade e por iso debemos mantela nas mellores condicións, co obxectivo de que no futuro sexa peonil para o disfrute dos monfortinos e turistas que nos visitan”.

ÚLTIMAS

‘Volta ao xogo’: o novo single dos chantadinos TIAM Gz

Tras dous anos sen sacar temas, neste 2024 a banda de Chantada TIAM Gz...

Curso de ‘alquimia herbal’ en Torbeo, Ribas de Sil

Os e as amantes das plantas, e do seu poder medicinal, teñen a vindeira...

Rebaixan a pena dun veciño de Monforte condenado por violación

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo rebaixou, en aplicación da lei do...

O IES Río Cabe no centro da cultura financieira

Durante a xornada contouse coa visita da directora xeral de Ordenación e Innovación educativa,...