Formación para adquirir competencias de venda para o sector agroalimentario

O centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos, dependente da Consellería do Medio Rural, acolle dende o 6 de xuño varios cursos para axudarlle a emprendedores do sector agroalimentario nas vendas.

Centro de formacion e experimentación agroforestal de Monforte. Foto: Páxinas Galegas

As accións formativas levaranse a cabo ata o venres 10 de xuño e cada unha terá unha duración total de catro horas ao día, en quenda de mañá, que comeza ás 10:00 ata as 14:15 horas.

Os obradoiros abordan tanto aspectos teóricos e prácticos sobre a venda e o estudo da mercadotecnia. Estas iniciativas están dirixidas ás persoas vinculadas profesionalmente a sectores relacionados coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e a cadea forestal-madeira; pero tamén se abren a futuros emprendedores e emprendedoras novos que aposten polo medio rural.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2022, pretende contribuír á formación axeitada de persoal cualificado para que acaden o nivel adecuado para cumprir coa normativa vixente. Trata de achegar ao alumno diferentes recursos á hora de comercializar un produto, así como de proporcionar unha visión xeral das oportunidades online e offline que pode ter en conta ao vender o seu produto.

Pódese acceder á oferta formativa da Consellería do Medio Rural e inscribirse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas. O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se hai opcións ou non de entrar nalgún curso. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 889 103, ou enviarse un correo a ceca.monforte@edu.xunta.gal.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here