Cómo é a xestión dos comedores nos institutos de Monforte?

Desde a secretaría de acción sindical de CCOO Lugo denuncian a Gescor, xestora dos comedores dos institutos de Monforte por mala xestión e piden á Consellería de Educación que tome medidas a este respecto.

IES Río cabe / edu.xunta.gal

Segundo informan desde CCOO Lugo, xa antes do verán se detectaron anomalías no funcionamento da empresa salmantina Gescor. Asegura o sindicato que hai atrasos  no pago das nóminas e que están mal confeccionadas, descontando case un 50% do salario en conceptos como vacacións collidas de máis. Din desde o sindicato que este feito xa o tiñan denunciado. Desde CCOO advirten ao xerente da empresa que se non se subsanan as deficiencias que perxudican aos traballadores e aos alumnos dos centros, trasladarán a situación aos xulgados.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here