Actividades do CCU de Monforte

Esta semana o CCU de Monforte organiza unha Xornada de Sensibilización en Prevención de Riscos Laborais no comercio de proximidade

Monforte / Concello de Monforte

O martes 30 de outubro a partir das 20:00 horas na sede do CCU, a Federación Galega de Comercio, en colaboración co CCU de Monforte e a Xunta de Galicia impartirá unha Xornada de Sensibilización en Prevención de Riscos Laborais no comercio de proximidade co titulo “Principais Riscos Laborais no sector do pequeño comercio”.

Con esta iniciativa preténdese sensibilizar en materia preventiva a empresarios e traballadores do sector do comercio retallista; reforzar as medidas preventivas establecidas por Lei tendo en conta as particularidades do sector; introducir ós traballadores para que poidan adoptar pautas de acción seguras e saudables; afondar nos principais accidentes laborais que se producen no sector e as súas causas e medidas preventivas; e diminuir a sinistralidade laboral, entre outros obxectivos.

 A asistencia a esta xornada é gratuita, previa inscripción no email: admin@ccumonforte.com Como o aforo é limitado terán acceso preferente os propietarios ou empregados dos negocios asociados ao CCU.

O venres día 2 de novembro o CCU de Monforte celebra o magosto regalando un cono de castañas os seus clientes. A maneira de conseguilo é sinxela. Teñen que ensinarlle o asador de castañas que atoparán na Praza de España, dende as 17:30 ata as 20:30 horas, o ticket ou a suma de varios ticket, cun importe mínimo de 10€, de compras realizadas ese mesmo día, nos negocios asociados o CCU de Monforte.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here