InicioPolíticaO BNG leva ao Parlamento unha iniciativa para a mellora dos servizos...

O BNG leva ao Parlamento unha iniciativa para a mellora dos servizos ferroviarios na comarca de Lemos

"O ferrocarril foi parte da vila de Monforte, un motor social moi importante desde a súa chegada a finais do século XIX” manifestou a vice-voceira do BNG, Olalla Rodil

Publicado o

- Advertisement -

O BNG presentou unha iniciativa no Parlamento Galego para coñecer cales son as actuacións da Xunta en relación ao proceso de desmantelamento dos servizos ferroviarios, os recortes de persoal e a falta de mantemento das infraestruturas ferroviarias por parte de RENFE e ADIF. Actuacións estas que afectan nas últimas décadas ao desenvolvemento social e económico da comarca de Lemos.

Olalla Rodil xunto con outros responsables do BNG diante da Estación de Monforte. Fonte: BNG Sul.

A vice-voceira do BNG, Olalla Rodil, referiuse entre outras cousas, ás denuncias feitas dende a Plataforma en defensa do ferrocarril público na comarca de Lemos “trasladamos unha serie de preguntas ao goberno galego despois de ser convidados á presentación desta Plataforma e facemos tamén nosas as súas reivindicacións”.

Lembrou tamén que “o ferrocarril foi parte da vila de Monforte, un motor social moi importante desde a súa chegada a finais do século XIX” e sinalou que “a realidade que atinxe a comarca de Lemos non é exclusiva senón que se repite e moitas localidades e comarcas do país, especialmente na provincia de Lugo.

 

 

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...