InicioPolíticaO concello de Monforte recibe 100 alegacións ó Plan Especial das que...

O concello de Monforte recibe 100 alegacións ó Plan Especial das que 20 a un único edificio

O rexedor local reuniuse co equipo redactor do Plan Especial e con técnicos e empresarios do sector da construción

Publicado o

- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca mantivo unha reunión co equipo redactor do Plan Especial do Casco Histórico e con representantes dos técnicos e empresarios do sector da construción de Monforte. Comezou ás 17:00 horas e rematou preto das 21:00 horas, realizouse un repaso dos 18  puntos que contiña a alegación presentada polos técnicos e empresarios da construción de Monforte ó Plan Especial.

Un dos puntos que se puxo enriba da mesa neste encontro, é que se presentaron 100 alegacións ó Plan Especial das que 20 corresponden a un único edificio situado na rúa Roberto Baamonde. Neste momento, o Plan dispón de todos os informes previos favorables, con algún matiz puntual que haberá que corrixir, pero ningún deles é relevante nin afecta ó fundamento do Plan.

Acadouse un alto grao de acordo entre as propostas dos técnicos e empresarios, que se recolleran para ser integradas no Plan. O documento seguirá  a tramitación pendente e antes da súa aprobación definitiva, será explicado novamente ós técnicos e os empresarios

O seguinte paso é manter reunións con Patrimonio e con Urbanismo da Xunta de Galicia, tan pronto como se acorde unha data para ese fin. Posteriormente, vaise proceder á aprobación provisional do Plan Especial e á súa remisión á Xunta de Galicia, que dispón dun prazo de 3 meses para informar ó documento.

No momento no que as observacións que poida expor a Administración autonómica estean corrixidas, o Plan Especial xa poderá levarse ó Pleno.

 

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...