InicioTerra de LemosO SaviñaoFeijóo apunta ao novo centro de saúde do Saviñao como mostra da...

Feijóo apunta ao novo centro de saúde do Saviñao como mostra da aposta para transformar a Atención Primaria

Adicionalmente, Feijóo reiterou o compromiso da Xunta coa continuación da transformación da Atención Primaria mediante unha aposta polas novas tecnoloxías e un modelo máis proactivo e con vocación comunitaria.

Publicado o

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinalou o novo centro de saúde do Saviñao como mostra da aposta do Goberno galego pola transformación da Atención Primaria.

Durante unha visita ás novas instalacións, destacou que se investiron 8 millóns de euros en infraestruturas sanitarias situadas no sur da provincia de Lugo. Ademais, resaltou a execución de novos centros de saúde nos municipios de Carballedo, Sarria e Monterroso.

Do mesmo xeito, o presidente galego puxo o foco na dotación dunhas novas instalacións no Saviñao ás que se destinaron 1,12 millóns de euros e que acollerán sete consultas, unha zona pediátrica, unha sala de mostras e outra de estar. Tamén indicou que se licitou o proxecto do novo centro de saúde Antas de Ulla.

Paralelamente, lembrou que leva a cabo unha reforma do Hospital Público de Monforte cun investimento de 1,5 millóns de euros nunhas obras enmarcadas nun Plan Director que se desenvolverá nos próximos anos e que alcanzará os 15 millóns de euros.

TRANSFORMACIÓN DA ATENCIÓN PRIAMRIA

Adicionalmente, Feijóo reiterou o compromiso da Xunta coa continuación da transformación da Atención Primaria mediante unha aposta polas novas tecnoloxías e un modelo máis proactivo e con vocación comunitaria.

Tamén resaltou avances como a nova Lei de saúde, aprobada este ano, que establece a necesidade de elaborar plans locais, coa previsión de que antes de final de

ÚLTIMAS

A Libraría Pelayo de Monforte presenta 3 libros este 23 de abril

A Libraría Pelayo de Monforte acolle este martes, 23 de abril, a presentación de...

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...

“A nai que me pariu!” campaña do CCU de Sarria polo Día da Nai

¡A nai que me pariu! é o nome da campaña do Centro Comercial Urbano de...