Que é a Ribeira Sacra?

Máis que Románico abre as xornadas que organiza a asociación cultural Segredos de Pantón, tituladas "Que é a Ribeira Sacra?"

Igrexa de Vilamelle / Segredos de Pantón
A recén estreada asociación cultural Segredos de Pantón dá inicio as súas xornadas sobre historia que levan por nome “Que é a Ribeira Sacra?”. A cita será o venres 31 ás 19.30 horas no 2º andar do Edificio Sociocultural, no Salón de Actos do Concello. Aproveitarase esta primeira charla, tamén como acto inaugural da asociación.
Máis que Románico é unha empresa da Ribeira Sacra especializada en turismo ao redor do románico. Dentro destas xornadas que teñen por obxectivo coñecer a historia da Ribeira Sacra, nesta primeira cita preténdense resolver as dúbidas que a xente teña sobre a historia da contorna.
A iniciativa parte tamén, do feito de que a Ribeira Sacra fora declarada Ben de Interese Cultural (BIC) e recementemente, declarada oficialmente, candidata de España a ser Patrimonio Mundial da Humanidade ante a UNESCO.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here