IniciosociedadeDescúbrese un novo gromo en Pantón con sete contaxiados nas probas da...

Descúbrese un novo gromo en Pantón con sete contaxiados nas probas da rodaxe dunha película

O gromo afecta a sete mozos que coincidiron a finais de agosto nunha festa para "despedir o verán".

Publicado o

- Advertisement -

O Sergas confirmou a existencia dun novo gromo de coronavirus no municipio lucense de Pantón que, de momento, afecta a sete novos menores de 20 anos que, de acordo coa información facilitada polo alcalde da localidade, José Luis Álvarez, coincidirían a finais de agosto nunha festa para “despedir o verán”.

PCR NA RODAXE

Ese brote foi detectado grazas ás probas PCR realizadas na rodaxe da nova película de Dani de la Torre, explicou Álvarez, na que dous dos mozos ían participar como figurantes. O rexedor local precisou que, despois deses primeiros positivos, fixéronse probas aos contactos e apareceron outros cinco casos, aínda que tamén precisou que todos eles son “asintómaticos”.

Ademais, aclarou que o gromo está “en principio controlado”, porque foron realizadas unhas “cincuenta probas” entre os familiares e os contactos dos mozos que deron positivo e todas “resultaron negativas”.

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...