IniciosociedadeOs positivos de 'Live is life' non interrompen a rodaxe de Dani...

Os positivos de ‘Live is life’ non interrompen a rodaxe de Dani de la Torre

O director monfortino continúa a súa rodaxe en Pantón tras os dous positivos duns rapaces ían ser extras

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A rodaxe da vindeira película de Dani de la Torre, ‘Live is Life’, continúa “sen problema” en Pantón tras dar positivo en covid-19 dous mozos que ían participar no filme como extras.

En declaracións a Europa Press, o produtor da película, Federico Rozadillas, transmitiu “tranquilidade”, despois de que estes dous positivos permitiron dar, polo momento, con outro cinco casos no municipio.

Rozadillas confirma que van rodar na tarde noite deste xoves e que a súa intención é proseguir con “tranquilidade” durante as cinco semanas que quedan, xa que todo o persoal está “limpo” e aplícanse os debidos protocolos de seguridade.

Pola parte que lle toca, o rexedor de Pantón, José Luís Álvarez, explicou que os sete positivos detectados no concello son novos, amigos que celebraran “unha festa de despedida do verán” días atrás.

ESPERANDO O RESULTADO DE MÁIS PROBAS

Os familiares destes mozos, entre os 18 e os 20 anos, segundo Álvarez, deron negativo, pero aínda falta por coñecer o resultado das últimas probas realizadas a persoas próximas aos mozos.

O alcalde pantonés recomendou que os veciños e veciñas manteñan a distancia de seguridade e utilicen a máscara, ademais dun axeitado lavado de mans.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...