InicioEconomíaPantón recibe axuda da Xunta polos incendios de outubro

Pantón recibe axuda da Xunta polos incendios de outubro

5 concellos da provincia, segundo a Xunta,  solicitaron en tempo e forma as axudas contempladas no Decreto de Medidas urxentes para a reparación de danos polos lumes aprobado en outubro do 2017.

Publicado o

- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, asinou  os convenios de colaboración cos concellos de Castro de Rei, Cervantes, Negueira de Muñiz, as Nogais e Pantón para sufragar os custos que lles xeraron os incendios do pasado mes de outubro.  Estes concellos declararon gastos por importe de 26.609, 06 euros, dos que a Xunta achega 13.304,53 euros. As axudas sufragarán as actuacións dos concellos na extinción dos lumes e os danos nas infraestruturas e servizos municipais.

Deste xeito materialízase o compromiso da Xunta, axuda do 50% para os concellos que a solicitaron conforme ao establecido na convocatoria. Durante a sinatura dos convenios José Manuel Balseiro lembrou que a Deputación e o Goberno central comprometéranse coa FEGAMP a financiar o 50% restante e pedía aos concellos que esixisen destas administracións a mesma dilixencia que lle esixiran á Xunta.

As axudas da Deputación

A Deputación destina 300.000 euros para axudas encamiñadas á recuperación de terras abandonadas. Estas axudas diríxense a profesionais do sector primario para poñer en produción terreos baldíos con actividades agrícolas ou gandeiras. As axudas serán de 500 euros por hectárea podendo recibir unha contía máxima de 9.000 euros, cos que os beneficiarios poderán recuperar a produción de ata 18 hectáreas.

ÚLTIMAS

‘Volta ao xogo’: o novo single dos chantadinos TIAM Gz

Tras dous anos sen sacar temas, neste 2024 a banda de Chantada TIAM Gz...

Curso de ‘alquimia herbal’ en Torbeo, Ribas de Sil

Os e as amantes das plantas, e do seu poder medicinal, teñen a vindeira...

Rebaixan a pena dun veciño de Monforte condenado por violación

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo rebaixou, en aplicación da lei do...

O IES Río Cabe no centro da cultura financieira

Durante a xornada contouse coa visita da directora xeral de Ordenación e Innovación educativa,...