InicioPolíticaO BNG de Pantón mantén a concentración deste venres pola praza de...

O BNG de Pantón mantén a concentración deste venres pola praza de médico no concello

Os nacionalistas manteñen a convocatoria a pesar das declaracións deste mércores do delegado territorial, Javier Arias, insistindo en que non se vai amortizar ningunha das prazas. Desde o BNG queren que se garanta unha cobertura estable "co mesmo profesional" para manter a relación de confianza co paciente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde finais de outubro o BNG de Pantón vén alertando sobre a perda dunha praza de médico no centro de saúde do concello. O 3 de novembro, o alcalde, José Luis Álvarez, reuníase con Ramón Ares, xerente da EOXI, quen se comprometía a que a praza de médico de familia que queda sen doutora, cubriríase a partir do 30 de novembro.

Nesta semana facíanse públicas as listas de contratacións e traslados do Sergas para facultativos e desde o BNG de Pantón comproban “que non se cubre a praza que deixa libre a Doutora Rosa Mareque” e deciden convocar concentración na Praza do concello para este venres, 26 de novembro, ás 12.30, como se recollen nos carteis de anuncio da concentración que viñeron colocando nos últimos días.

Entre tanto, onte, mércores, a Xunta reiteraba que mantería as tres prazas de facultativo de atención primaria de Pantón, así o confirmaba o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, para aclarar “falsidades e proclamas políticas que non teñen máis fundamento que o de prexudicar ao Goberno galego pero o que logran é xerar preocupación entre os veciños”.

Arias asegurou que non se vai amortizar ningunha das prazas e que están previstas melloras na atención sanitaria no municipio, coa primeira fase de desenvolvemento do novo centro de saúde desta localidade. E engadiu que “esta nova infraestrutura aumentará o espazo para técnicas e ciruxía menor e resolverá os problemas de accesibilidade que ten o actual centro”.

O delegado lembrou que a Xunta leva meses insistindo ante o Goberno central na necesidade de abordar a reforma da atención primaria. “Unha das cuestións máis críticas é a falla de médicos, pedímoslle que elimine a taxa de reposición, que limita as contratacións e que en Galicia esgotamos cada ano sen que iso impida problemas puntuais como o que acontece en Pantón”.

Convocatoria concentración / BNG Pantón

Con todo, desde o BNG afirman que manteñen a concentración porque non se asegura unha cobertura estable coa mesma persoa sempre, o que empeoraría o servizo asistencial no concello, ” o que se pide é unha cobertura estábel e coa mesma persoa. O plan da consellería de enviar un facultativo da PAC de Monforte que poden ser máis dun, deixa na práctica, mal arranxada a situación de Pantón, perderíase a importante relación de confianza médico paciente. Ademais non aseguran a cobertura os cinco días da semana en horario completo. En calquera caso seguimos a disposición da alcaldía e da consellaría para que nos dea algunha proba máis alá de declaracións pouco concretas nos medios de comunicación”, conclúen desde o BNG.

ÚLTIMAS

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...