IniciosociedadeNova vivenda de promoción pública na Pobra do Brollón

Nova vivenda de promoción pública na Pobra do Brollón

A Xunta de Galicia vén de entregar unha vivenda de promoción pública en réxime de compravenda na rúa María Castaña da Pobra do Brollón. O inmoble ten unha superficie de 65,78 metros cadrados e dispón de dous dormitorios, praza de garaxe e trasteiro.

Publicado o

- Advertisement -

O delegado territorial da Administración autonómica, José Manuel Balseiro, asistiu ao acto de entrega das chaves. Trátase dunha vivenda que quedara vacante dunha adxudicación anterior e que foi acondicionada pola Xunta antes de ser asignada de novo, como é o procedemento habitual do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

Balseiro destacou que tras esta entrega, neste momento están ocupadas todas as vivendas de promoción pública autonómica da Pobra do Brollón, un total de 12, situadas na rúa María Castaña da localidade.

O delegado territorial lembrou que o IGVS xestiona con axilidade os procedementos de adxudicación de vivendas, de xeito que tan pronto como unha queda vacante realiza os trámites para volver ofertala seguindo o listado de adxudicatarios de cada concello.

As persoas interesadas poden inscribirse en calquera momento no Rexistro Único de Demandantes, que xestiona o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. As inscricións poden facerse presencialmente ou ben a través da sede electrónica da Xunta.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...