IniciosociedadeCharla con cata na Pobra do Brollón

Charla con cata na Pobra do Brollón

O concello dálle continuidade ás 'charlas inspiradoras' este xoves 9 de decembro coa presenza da adega Abadía da Cova.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O xoves 9 terá lugar na Casa da Cultura da Pobra do Brollón unha charla con cata a cargo da adega Abadía da Cova. A cita está programada para as 20:15 h.

Paloma Rodríguez e Xosé Moure, relevo xeracional desta adega da D.O. Ribeira Sacra, serán os encargados de dar a coñecer o proceso de renovación en forma e contido de Abadía da Cova —Adegas Moure— no Concello do Saviñao. Un proceso de innovación “sempre respectando as raíces desta adega histórica da Ribeira Sacra”, refiren os organizadores. O acto rematará cunha cata de viño.

Esta charla chega tras escoitar días atrás a historia de Xosé García na granxa familiar Casa da Fonte. Deste xeito, o Concello da Pobra do Brollón convida a coñecer de primeira man outro proxecto innovador ligado á terra.

Prégase reserva no teléfono 650 624 828.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...