InicioPolíticaAna Pontón visita A Pobra do Brollón

Ana Pontón visita A Pobra do Brollón

A portavoz nacional, Ana Pontón, visitou este martes 19 de xullo O Barco de Valdeorras e A Pobra do Brollón, dous dos concellos afectados pola vaga de lumes, para coñecer in situ o alcance dos incendios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, trala visita ao Barco de Valdeorras e á Pobra do Brollón, cualificou de “desastre ambiental, económico e social” os estragos que están provocando os lumes destes días.

Pontón pide a declaración de zona catastrófica para as áreas máis impactadas polas lapas, como vía para obter todos os recursos necesarios para a súa recuperación, máxime tendo en conta o importante número de vivendas que foron pasto das chamas.

“A prioridade é apagar os lumes, pero hai que ir pensando no día despois e, neste sentido, propoñemos a declaración de zona catastrófica para que haxa axudas, recursos e se poñan todos os medios necesarios para a recuperación desas terras queimadas que, en moitos casos, teñen un alto valor ambiental e económico.  É necesaria a colaboración de todas as institucións para que se reverta o dano que se está causando”, argumentou Pontón desde o concello do Barco.

Co obxectivo prioritario de extinguir os incendios, Pontón demanda “que se mobilicen todos os medios que sexan necesarios para poñer fin á situación de risco nas zonas afectadas tanto en Ourense como en Lugo” e considera que esta vaga de lumes debe supoñer “un punto de inflexión” no drama repetido dun territorio que arde ano tras ano.

“O combate contra o lume require medidas de carácter estrutural, porque non podemos limitarnos a lamentarnos cada vez que hai un incendio, é necesario que esta última onda sexa un punto de inflexión e de paso a unha pola limpeza e ordenación do monte, pola prevención e por outro modelo forestal, porque todo o que se está a vivir neste momento vaise agravar co cambio climático”, argumentou tamén.

VISITA Á POBRA DO BROLLÓN

Desde O Barco, a portavoz do BNG desprazouse á Pobra do Brollón, onde mantivo un encontro co alcalde, Xosé Lois Maceda, e coa veciñanza que tivo que ser desaloxada das súas vivendas.

Neste concello coñeceu tamén de primeira man a situación actual dos incendios e como é o operativo que está intentando atallar e minorizar, na medida do posible, os estragos medioambientais aínda por calcular na súa xusta medida.

Ana Pontón reiterou a mensaxe de solidaridade e tamén de apoio e recoñecemento a todas as persoas que traballan nos labores de extinción, “traballando moitas veces desde a precariedade e a falta de medios, e mesmo poñendo en risco a súa seguridade e a súa vida”, dixo.

Tamén fixo referencia especial ás persoas que perderon as súas vivendas, “sabemos que é unha situación durísima, desesperada, teñen que saber que estamos todas e todos aquí, para axudar, para empuxar e facer todo o que estea nas nosas mans para que esta vaga de lumes acabe canto antes”, concluíu.

ÚLTIMAS

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...

A Subida a Taboada inaugurará o Campionato Galego de Montaña os días 27 e 28 de abril

O vicepresidente da Deputación e deputado de Deportes, Efrén Castro, reuníuse este martes co...

Campaña de xuntanzas veciñais do PP de Monforte “para buscar solucións ás reclamacións de barrios e parroquias”

A Agrupación Municipal do Partido Popular de Monforte de Lemos comeza unha campaña de...

Charla do Plan Maior Seguridade o día 18 de abril en Chantada

A actividade forma parte do Plan Maior Seguridade, que promove o Ministerio do Interior...