A Pobra do Brollón afiánzase como o paraíso da arqueoloxía

Os investigadores chilenos traballan no deserto de Atacama, un dos proxectos máis relevantes a nivel internacional ligado a unha área ligada a Patrimonio da Humanidade

Momento da visita dos investigadores chilenos/X.A.

Os arqueólogos chilenos de gran prestixio Valentina Figueroa, Fernanda Kalazich, Manuel Prieto e Lautaro Núñez vencellados á Universidade Católica do Norte e ao Instituto de Investigacións Arqueolóxicas e Museo Padre Le Paige de San Pedro de Atacama, Chile, visitaron na xornada do 9 de outubro o concello da Pobra do Brollón acompañados do arqueólogo Xosé Gago.

Este equipo, integrado no proxecto Red Internacional de Estudios Críticos del Patrimonio Cultural del desierto de Atacama, ten como obxectivo examinar os procesos de contrución e discursos patrimoniais que emerxen dende a Arqueoloxía e a Ecoloxía Política en perspectivas comparadas entre España e Chile. Os investigadores españois que traballan neste proxecto son Xurxo Ayán, director do proxecto arqueolóxico do Castro de San Lourenzo, ás ordes de Felipe Criado a través do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC.

Durante a súa visita, os investigadores chilenos coñeceron de primeira man o proxecto do Castro de San Lourenzo, un exemplo de boas prácticas que xa se ensina nas universidades americanas e europeas. Ademais, a experiencia do equipo chileno no tocante á arqueoloxía indíxena, é un modelo a seguir no proxecto arqueolóxico da Pobra do Brollón.

Se tes can, os venres tes unha cita

Por outra banda, a partir do 19 de outubro, todos os venres ás 17:00 horas, todos os donos de cans, previa inscrición no teléfono 666.43.58.32 e pago de 5 euros, poderán participar en sesións onde aprenderán a entender e relacionarse cos cans e pasealos axeitadamente. Tamén se impartirán nocións de obediencia canina e pre-agility. Estas xornadas estarán impartidas por educadoras caninas dos clubes Globus e Cren Vínculo

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here