Mellorar o ratio enfermeira paciente, demanda de Enfermeiras en Loita

Enfemeiras en Loita adica xaneiro a concentrar a atención no ratio enfermeira paciente. Abren o ano con concentración este luns ás 12.00

Enfermeiras Eventuais en Loita
O 13 de xaneiro, ás 12.00h, Enfermeiras Eventuais en Loita inicia as concentracións  deste ano 2020 nos centros de atención primaria e hospitais de toda Galicia. Este mes o tema da concentración é o ratio enfermeira paciente.
A media de enfermeiras en Europa por cada 1000 habitantes é de 8’8, mentras que esta cifra baixa ata un 5’3 en Galicia. A media española sitúase en 6’55 enfermeiras por cada 1000 habitantes, sendo Galicia a terceira comunidade con peor ratio dentro de España, so superada por Murcia e as Illas Baleares .
Aseguran desde Eventuais en Loita que no caso do Hospital de Monforte, nos turnos de noite hai unha enfermeira en cada área de hospitalización con 28 camas para ser ocupadas. E insisten que deste modo, a calidade asistencial sae do duro traballo dos profesionais sanitarios, non dos medios que poña a administración para tal fin.
O colectivo chama á veciñanza a participar das reivindicacións “porque ao final o beneficio será para todos.”

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here