InicioTerra de LemossanidadeAgroma Sober reclama mellores servizos no Hospital de Monforte

Agroma Sober reclama mellores servizos no Hospital de Monforte

O grupo municipal na oposición presentou unha moción no Concello de Sober pedindo que se acorde demandarlle ao Goberno Galego máis recursos económicos, técnicos e de persoal para garantir unha sanidade digna.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo Agroma Sober a situación e as perspectivas da sanidade pública, tanto en Sober como na Área de Saúde á que pertence, son para preocuparse dada a política sanitaria da Xunta de Galicia baseada nos recortes de recursos, desmantelamento de hospitais como o de Monforte, o abandono dos Centros de Atención Primaria e mesmo a precariedade, explotación do persoal e a privatización.

En canto ao desmantelamento lembran o caso de Verín, onde a poboación se opuxo ao peche do paridoiro, ou os casos que hai polo país adiante de pais e nais que protestan pola falta de pediatras en pequenas poboacións.

Reivindican, polo tanto, uns servizos sanitarios públicos e de calidade a nivel de Galicia en xeral, pero en particular no distrito sanitario de Monforte.

Con estes argumentos de partida piden na moción, entre outras cousas, que se acorde demandar do Goberno Galego uns orzamentos que garantan unha atención de calidade nos centros de Saúde esixindo tamén que se free o desmantelamento e peche de servizos do Hospital Comarcal de Monforte. Para isto último cómpre, segundo eles, a contratación de máis persoal en determinadas categorías, máis especialistas e a recuperación da área sanitaria de Monforte, con capacidade de xestión.

Demandan tamén do Goberno Galego que se revisen os concertos coa sanidade privada, que se depuren as listas de agarda, acabar coa política de privatización de recursos e as contratacións baseadas na precariedade e na explotación laborais; e que se asuma un compromiso coa defensa das unidades de partos dos hospitais comarcais.

Esta moción é defendida polas candidaturas integradas na plataforma “Por Un Interior Galego Vivo” e, dende Agroma Sober, convidan a participar na manifestación do vindeiro día 9 en Santiago -SOS Sanidade- na defensa da dignidade da Sanidade Galega.

ÚLTIMAS

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...