InicioTerra de LemossanidadeSen medo, pero con precaución, os concellos ante o Coronavirus

Sen medo, pero con precaución, os concellos ante o Coronavirus

Os bandos municipais anuncian, ademais das medidas, as recomendacións para a veciñanza: seguir as recomendacións de limpeza e aseo, evitar reunións superiores a 50 persoas e evitar os desprazamentos, na medida da posible.

Publicado o

- Advertisement -

Os concellos foron sumándose desde este xoves, 12 de marzo, ás recomendacións oficinais para a contención do coronavirus e nas últimas horas foron sacando bandos nos que informan da cancelación de todas as actividades lúdicas, culturais e deportivas. Anuncian a suspensión das actividades nos centros educativos e de maiores e a paralización de todas as citas que supoñan reunión de xente. Concellos como Chantada, Triacastela, Bóveda, Taboada, A Pobra do Brollón, Sarria, O Incio, O Saviñao ou Sober, anuncian nos seus bandos o peche dos servizos municipais, agás nas urxencias ou a suspensión de feiras. Sober, por exemplo cancela a semana do Amandi e a LX edición da Feira do Viño de Amandi. No concello de Monforte as medidas a adoptar na contención do coronavirus son por decreto da alcaldía e xa se anunciou o aprazamento da Feira Medieval.

Os bandos anuncian, ademais das medidas, as recomendacións para a veciñanza: seguir as recomendacións de limpeza e aseo, evitar reunións superiores a 50 persoas e evitar os desprazamentos, na medida da posible.

Sen medo, pero con precaución; os concellos chaman á responsabilidade da cidadanía, para, atendendo ás recomendacións dos expertos seguir unhas pautas que axuden á contención do virus e así evitar o colapso sanitario.

Os últimos datos falan de 4.000 casos en España dos que a metade se concentran en Madrid, e 90 mortos. Galicia é a 12 comunidade en canto á incidencia do coronavirus, con 64 casos e ningún falecido

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa de Galicia que eu descubrín”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...