InicioTerra de LemossanidadeO Covid-auto chega a Monforte

O Covid-auto chega a Monforte

O Sergas vén de anunciar que o dispositivo para os test rápidos de detección do coronavirus chega hoxe a Monforte. O dispositivo colocarase, previsiblemente, onde habitualmente se coloca a unidade móbil para resonancias. Para realizar os test hai que acudir con cita médica.

Publicado o

- Advertisement -

Despois de que o Hospital Meixoiero de Vigo comezase, a pasada semana, a realizar estos test, o resto dos hospitais estaban á espera de saber cando comezar e, progresivamente, foise instaurando para chegar, hoxe, a hospitais comarcais como os de Monforte ou A Mariña, segundo informa o Sergas. Con esta medida preténdese “complementar e axilizar o sistema de recollidas de mostras a domicilio”, que incrementou a demanda nos últimos días.

Iván Sanz, director xerente do Hospital Comarcal de Monforte, confirmaba este martes en Onda Cero Monforte, que os test rápidos para o Covid-19 se comezan a facer hoxe pola tarde e insistiu en que é preciso, para facelo, ter unha cita médica.

Desde o Hospital Comarcal transmítese unha mensaxe de precaución e tranquilidade, aseguran, que se están tomando todas as medidas que marcan os protocolos e que, polo momento, a situación está baixo control. Tense habilitada a pranta de medicina interna para casos por coronavirus e a área de reanimación tense habilitada para coidados intensivos. Segundo as últimas informacións, non se presentaron casos novos de sanitarios deste centro hospitalario infectados con coronavirus. Os novos casos confirmados corresponden, principalmente, a persoas alleas ao Hospital que se infectaron fai días; pero aínda falta confirmación oficial. Unha falta de información que, moitas veces, tamén botan en falta os traballadores dos centros hospitalarios. Segundo a Consellería de Sanidade, a provincia de Lugo contabiliza este martes 34 casos máis, facendo un total de 97 casos confirmados.

Hospital Monforte no estado de alarma / XdL

Fóra do coronavirus, o Hospital Comarcal de Monforte reorganizou ao persoal para atender o resto de necesidades asistenciais, sobre todo, nos casos nos que as visitas ao Hospital son necesarias. Seguen facéndose analíticas, seguindo os protocolos; téñense establecidas limitacións de distancias nas cadeiras de espera das consultas; a cafetería permanece pechada porque as súas dimensións impedían dar o servizo de comida con garantías, e a farmacia do hospital está chamando ás persoas que periódicamente teñen que recoller aquí a súa medicación, para informalos de que proximamente lla levarán á casa, para que non se teña que desprazar ao Hospital.

Hospital Monforte no estado de alarma / XdL

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...