InicioCultura22 de xullo: Día Mundial do Cerebro

22 de xullo: Día Mundial do Cerebro

Publicado o

- Advertisement -

Como todos os anos polas datas próximas o Día Mundial do Cerebro, a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) fai entrega dos premios ós centros que máis colaboran e axudan a normalizar doenza cerebrais.

Este ano, o Premio FEGADACE-Miguel Blanco recae no Instituto Universitario de Integración a Comunidade (INICO), da Universidade de Salamanca, polo seu compromiso coa mellora da calidade de vida e autodeterminación das persoas con dano cerebral adquirido ó longo de todo o seu ciclo vital.

O Día Mundial do Cerebro foi marcado pola Federación Mundial de Neuroloxía a partir do ano 2014 para crear conciencia sobre os coidados deste órgano de vital relevancia e sobre as doenzas silenciosas que poden desgastalo.

O cerebro é o xefe do corpo humán pois é o órgano máis poderoso e complexo. Entre as súas funcións destacan a percepción de estímulos, presión, temperatura, dor, ritmo cardíaco, dixestión, respiración, presión arterial, manter o equilibrio, a postura do corpo, desenrola a linguaxe, a expresión non verbal, recoñecemento de caras, voces, melodías e recordos, entre outras moitas máis.

Está avaliado cun 13% das causas das enfermidades entre a poboación mundial están relacionadas co cerebro, incluíndo dende problemas neurolóxicos ata trastornos mentais como a epilepsia, que é padecida por 50 millóns de persoas no mundo.

Este órgano representa o 2% do peso corporal dunha persoa e remata de medrar ó redor dos 25 anos, sen embargo, este órgano consume o 20% da enerxía e oxíxeno diario dunha persoa e ó redor do 25% de glucosa. O cerebro está composto por un 73% de auga polo que unha deshidaratación dun 2% pode chegar a reducir a agudeza mental; igualmente é o órgano máis graxo do corpo posto que o 60% del é masa sen auga. Estímase que está composto por 86 billóns de células na súa totalidade e nunha partícula do cerebro do tamaña dun grao de arroz, pódense albergar 100.000 neuronas.

O ictus é a primeira causa de mortalidade entre as mulleres españolas e a segunda entre os varóns. Esta doenza chega a superar en doentes e defuncións ao alzheimer e os accidentes xuntos.

 

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...