InicioTerra de Lemossanidade26 de outubro, Día do Dano Cerebral

26 de outubro, Día do Dano Cerebral

Este luns celébrase o Día do Dano Cerebral co obxectivo de sensibilizar sobre esta discapacidade que en Galicia a máis de 35.000 persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As entidades que se agrupan en torno á Federación Española de Dano Cerebral (FEDACE) volven lembrar no seu manifesto conxunto -que se presentará o luns- a necesidade de impulsar unha Estratexia de Atención ao Dano Cerebral que garanta a máxima calidade de vida posible a cada persoa con esta discapacidade, e de elaborar un censo de persoas con Dano Cerebral que axude a dimensionar os recursos precisos para a rehabilitación e inclusión social do colectivo.

A estas demandas súmanselles outras relacionadas coa complicada situación sociosanitaria xerada a raíz da pandemia de COVID-19. Segundo explican, as novas ondas de contaxios están poñendo en risco a actividade presencial das entidades de atención ao dano cerebral, un traballo vital para unha axeitada rehabilitación das persoas con esta discapacidade. Este feito, entenden, fai preciso solicitar, agora máis que nunca, o apoio das todas as administracións.

Actos conmemorativos virtuais

FEGADACE e as súas asociacións afrontan o 26 de outubro de 2020 coa prudencia imprescindible nun contexto marcado pola pandemia da COVID-19. Os actos de conmemoración trasládanse ao soporte online, con múltiples actividades en redes sociais.

O manifesto reivindicativo vaise presentar ao final do Almorzo FEDACE sobre “Desigualdades territoriais na atención ao Dano Cerebral en España”, que terá lugar o luns ás 11:00 h. A continuación, desde as 12:00, moitas asociacións teñen previsto facer as súas propias lecturas do manifesto, dando protagonismo a familias e persoas usuarias. ADACECO, Alento, Renacer e Sarela xa anunciaron as súas retransmisións a través das súas webs e redes sociais.

O mesmo luns, as entidades que forman parte FEDACE lanzarán un vídeo no que conmemoran os 25 anos da Federación estatal amosando como é a casa común. Estará protagonizado por persoas con dano cerebral, profesionais e familiares.

ADACE Lugo estrea tamén o 26 de outubro un vídeo protagonizado polas súas persoas usuarias. Pola súa banda, a Asociación de Dano cerebral de Vigo, Alento, abre as súas portas a través da rede amosando o seu traballo diario. O programa completo pode descargarse aquí.

Ademais, como todos os anos, animan a todos e todas a participar subindo ás redes sociais fotos coa man na cabeza, co aceno do Día do Dano Cerebral, ao longo da xornada. Pódese seguir a publicación co hashtag #DiaDanoCerebral.

Por último, diferentes edificios e monumentos públicos, como por exemplo as torres Hejduk da Cidade da Cultura, en Santiago, vanse tinxir de azul nas principais cidades na tardiña e noite do 26 de outubro.

Outras actividades relacionadas

Dentro das ‘Xornadas sobre Dano Cerebral’ resultan interesantes dúas sesións divulgativas que organiza a entidade FEGADACE, unha programada para o 28 de outubro e outra para o 4 de novembro.

O 28 de outubro o tema a tratar será a ‘Situación actual e retos inmediatos do modelo de atención sociosanitaria ao dano cerebral nas fases subaguda e crónica en Galicia’ e o 4 de novembro abordarase ‘O modelo de atención sociosanitaria ao dano cerebral en España: unha comparación entre o nivel estatal e os autonómicos’.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...