Sober, O Páramo e Folgoso do Courel, libres de contaxios nos últimos 14 días

Forman parte dos 13 concellos da provincia de Lugo que non rexistraron casos de Covid-19 e os únicos da zona xeográfica que cubre informativamente Xornal de Lemos.

Bandeiras a media hasta na Casa do Concello. Fonte: Prensa Sober

Galicia contabiliza 54 municipios nos que non se rexistrou ningún caso de covid-19 nos últimos 14 días, o que implica que o 17,2 % dos 313 concellos galegos está libre de coronavirus. De todos estes, a gran maioría (33) correspóndense coa provincia de Ourense.

Tras Ourense, sitúase Lugo con 13 municipios libres de covid -case un 20% dos 67 que conforman a provincia-: Baleira, Folgoso do Courel, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Ourol, O Páramo, Portomarín, Ribeira de Piquín, Riotorto, Sober e O Vicedo.

Todo iso despréndese do mapa que incorporou este sábado a páxina web da Consellería de Sanidade para informar diariamente os datos da pandemia na Comunidade. Isto implica abandonar o sistema ‘semáforo’ con tres niveles de alerta –amarelo, laranxa e vermello– establecido ata o momento, para ofrecer, aínda que nunha infografía monocolor, os positivos detectados en cada concello en 14 días.

Información completa sobre este tema no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here