Test de antíxenos sen cita previa en Sarria

Poderán realizarse os días 10, 12 e 14 na Casa da Cultura.

Casa da Cultura de Sarria / XdL

Os vindeiros días 10, 12 e 14 de xaneiro o Concello de Sarria colabora co Sergas para a realización dun test de antíxenos.

O lugar onde se realizarán será a sala de estudos da Casa da Cultura, accedendo pola Rúa Miguel de Cervantes Saavedra en horario de 16:00 a 20:00 h.

Poderán presentarse a estas probas, voluntariamente e sen cita previa, todas as persoas de Sarria e comarca sempre e cando se atopen sen síntomas.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here