InicioTerra de LemossanidadeCarballedo só ten atención sanitaria na Barrela

Carballedo só ten atención sanitaria na Barrela

O concello conta con dous profesionais de Medicina de Familia, despois de que un terceiro se xubilara, cada médico ten un cupo de 850 tarxetas.

Publicado o

- Advertisement -

No concello de Carballedo había dous centros de saúde, o da Barrela e o do Castro de Carballedo. A Xunta confirma en resposta a En Marea que a actividade no Consultorio de Castro de Carballedo se deriva, agora, ao Centro de Saúde da Barrela. Dí a Xunta que a equidade do servizo queda garantida xa que a distancia entre ambos centros é de 3 quilómetros. Engaden que

edificio situado na Barrela é de recente construción (ano 2010), e conta con todas as melloras desde o punto de vista arquitectónico e técnico, o que permite mellor confortabilidade e comodidade.

Na resposta dada desde a Xunta a En Marea recóllese “A unificación do persoal nun só centro vai permitir unha mellor coordinación entre profesionais así como a mellora da atención aos pacientes, potenciando as visitas programadas tanto no Centro de Saúde como no domicilio. Neste sentido vaise potenciar tamén a coordinación no Concello (traballadora social, vehículos municipais para o desprazamento a domicilio programados, …).

En Marea denuncia que se acometese o cambio sen contar coa cidadanía e que non se especifiquen as novas formas de asistencia sanitaria que se van implantar. Por iso En Marea reitera as seguintes cuestións:

  1. Cando decidiu a Xunta a reorganización sanitaria en Carballedo?
  2. Como, cando e a que organismos e persoas o comunicou?
  3. Por que diminúe a Xunta o número de profesionais de Medicina de Familia no Concello de Carballedo? 
  4. Como vai garantir a Xunta unha mellor asistencia sanitaria á cronicidade con menos profesionais sanitarios nun concello envellecido?
  5. Por que non mantén a Xunta o consultorio de Castro de Carballedo? 
  6. Non considera a Xunta que o peche do consultorio de Castro empeora a accesibilidade da poboación envellecida rural á Atención Primaria?
  7. Que “novas formas de asistencia sanitaria” vai implantar a Xunta en Carballedo?

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....