O BNG preocupado por cubrir servizos médicos en Monforte

A formación local do partido nacionalista presentará unha iniciativa no vindeiro pleno municipal para que se substitúan a dous especialistas e se cubra a praza de pediatría no Centro de Saúde.

Millitantes do BNG co candidato en Monforte / BNG Lugo

O BNG de Monforte pediralle ao pleno un acordo para instar á Xunta de Galicia a que se substitúan o médico de dixestivo e o de rehabilitación do Hospital Comarcal de Monforte. Na mesma iniciativa pedirán que se cubra a praza do pediatra do centro de saúde pois leva xa varios meses de baixa e estase a cubrir con puericultores en días alternos.

Noutra orde de cousas, as reivindicacións dos nacionalistas van tamén na dirección de demandar melloras estruturais na sanidade; aumentar o orzamento, dimensionar e estabilizar os cadros de persoal, eliminar as listas de espera, abordar un plan de mellora da atención sanitaria primaria, reverter as privatizacións e xestión propia dos servizos sanitarios e erradicar os copagos farmacéuticos.

Nesta liña alertan que hai unanimidade entre sindicatos, colexios profesionais, plataformas sanitarias, organizacións profesionais e doentes en denunciar o grave deterioro que están provocando as políticas sanitarias do Partido Popular.

Segundo palabras do portavoz municipal, Emilio J. Sánchez, “estamos nun momento crítico, onde a Xunta ten que dar explicacións e asumir as súas responsabilidades, ante uns feitos de máxima gravidade”.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here