IniciosociedadeO campo de fútbol de Sober renova vestiarios

O campo de fútbol de Sober renova vestiarios

O Concello de Sober adica 30.000 euros á renovación completa dos vestiarios do Campo de Fútbol da Carqueixa

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sober acomete a renovación completa dos vestiarios do Campo de Fútbol da Carqueixa onde xoga o Club Deportivo Río Sil.

Cun investimento de máis de 30.000 euros de fondos propios o Concello de Sober está a renovar por completo os vestiarios, almacén e os aseos públicos das instalacións da Carqueixa.

Os traballos, xa moi avanzados, supoñen o cambio total da cuberta con panel sándwich, a renovación de portas e ventás, a instalación de fontanería e electricidade, albanelería e pintura.

O obxectivo é, segundo explica o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, que o Deportivo Río Sil estree a temporada do seu ascenso a segunda autonómica coas novas instalacións rematadas.

 

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...