InicioMedio ambiente e PatrimonioNova recollida de plásticos agrícolas no municipio de Sober

Nova recollida de plásticos agrícolas no municipio de Sober

A recollida está prevista nas parroquias de Neiras, Gundivós, Proendos, Bolmente, Bulso, Pinol e Doade.

Publicado o

- Advertisement -

O martes 13 de novembro levarase a cabo a recollida de plásticos agrícolas en explotacións de diversos puntos do municipio de Sober, en virtude dun acordo coa Consellería de Medio Ambiente. O Concello facilita este traballo, que levará a cabo a empresa xestora SIMA, con puntos de recollida cerca das propias explotacións.

Organízanse dúas recollidas anuais nos puntos de acopio habituais. A recollida, de balde para os usuarios, está prevista en Neiras, Gundivós, Proendos, Bolmente, Bulso, Pinol e Doade.

Os residuos acumulados deben ser exclusivamente plásticos agrícolas e estes deben estar o máis limpos posibles e atados de tal xeito que faciliten a súa recollida. Unha vez que o punto de acopio teña unha acumulación de plásticos superior á metade da súa capacidade o Concello ponse en contacto coa empresa de recollida para que proceda a retiralos. Posteriormente reciclaranse mediante un proceso mecánico no que se obtén granza. A granza plástica obtida utilízase como materia prima na fabricación de novos produtos plásticos, como bolsas de lixo e tubo de polietileno.

A cantidade de plástico agrícola (plástico e bolsas de silo, plástico de invernadoiro) que se xera en Galicia ao longo dun ano é de aproximadamente 7.700 toneladas. Ante esta problemática, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas puxo en marcha o Programa de Recollida de Plástico Agrícola co que colabora o Concello de Sober co obxecto de implantar un sistema de recollida que facilite ós agricultores e gandeiros a xestión axeitada do plástico.

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...