CCOO ve a compra do hotel Palacio como un incentivo para aumentar o turismo na Ribeira Sacra

O grupo sindical espera que a compra do Hotel Palacio de Sober polo grupo HOTUSA sexa un impulso para o emprego na Ribeira Sacra.

Hotel Palacio de Sober/gala.es

CCOO congratúlase da compra do Hotel Palacio de Sober por parte do grupo hostaleiro HOTUSA situado de Chantada. Espera se manteñan os 34 postos de alta cualificación que se perderon con anterioridade, e unha mellor xestión do mesmo.Desde o sindicato queren que hotel consiga ser un referente turístico da Ribeira Sacra do mesmo xeito que o balneario e o parador de Monforte.

Tamén a xestión eficaz por parte do grupo Hotusa, cunha boa campaña para clientes asiáticos, campaña que non soubo facer ALVAER, o antigo propietario.

O grupo sindical destaca o gran erro que cometeu a antiga xestión de non esixir ao Señor Vaqueiro un socio do sistema hostaleiro por parte do IGAPE, o que evitase a quebra. Proposta que comentaron ao director do IGAPE, Javier Aguilera, nunha a reunión durante as negociacións do “ ere” en Santiago, á cal lles dió a razón.

Comisións desexa a rápida apertura do mesmo, xa que a Ribeira Sacra necesita con urxencia a creación de novos postos de traballo, os cales só se crean no sector turístico, xa que a industria e o Porto Seco seguen estancados desde hai anos. Datos que se demostran nos parados da comarca de lemos que alcanza a cifra de 1653 e a zona sur de Lemos os 2548 desempregados

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here