Homesociedade“Risas con perspectiva feminista” en Sarria

“Risas con perspectiva feminista” en Sarria

As humoristas Jazmín Abuín e Arantxa Treus ofrecerán este espectáculo ao público que se achegue á Casa da Cultura desta localidade ás 19:00 h.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Concello de Taboada acollerá este domingo 24 de maio un espectáculo de humor titulado “Risas con perspectiva feminista” que correrá a cargo da compañía Sobria e Serena, formada polas humoristas Jazmín Abuín e Arantxa Treus.

Será na Casa da Cultura ás 19:00 h e con entrada de balde ata cubrir aforo. Esta cita, que forma parte da programación feminista da Deputación de Lugo, busca poñer o feminismo ao alcance de todas e todos cun humor comprometido. As humoristas Arantxa Treus e Jazmín Abuín contan cunha ampla traxectoria nos escenarios galegos, combinando monólogos, teatro e televisión cun estilo fresco, próximo e cheo de retranca.

Ambas destacan pola súa capacidade para conectar co público a través dun humor actual e reivindicativo, converténdose en dúas das voces femininas máis recoñecidas da comedia en Galicia e moi seguidas en redes sociais. Na súa carta de presentación din que “Sobriedade, serenidade, discreción, silencio, sacrificio… son esas cousas que sempre se esperaron das mulleres polo feito de ser mulleres. Por iso, somos moi conscientes de que se hoxe podemos subir a un escenario cun micrófono para rir a esgalla da vida e de nós mesmas e a falar do que nos de a gana é porque outras loitaron antes para abrirnos camiño. E por iso este show ten un espazo para a eterna gratitude ás nosas maiores”.

ÚLTIMAS

O Centro de Interpretación da Música de Raíz da Seara, anfitrión do ‘Radiovisual do Patrimonio’

No marco do proxecto 'RadioVisual do Patrimonio', no que a escola sae ao encontro...

O PP de Taboada constitúe unha xestora aberta presidida por Luis Gómez

O PP de Taboada constitúe unha xestora na que Luis Gómez García asume a...

Outro aforo completo para o ‘Marida maio’

A delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo...

O BNG de Monforte leva a pleno a recuperación da muralla medieval e do mercado gandeiro

A formación nacionalista lembra que a muralla constitúe un dos elementos patrimoniais máis relevantes...