HomeCulturaAberto o prazo de inscrición para a feira de artesanía de Lugo

Aberto o prazo de inscrición para a feira de artesanía de Lugo

A mostra, ArteSanFroilán, celebrarase entre os días 3 e 14 de outubro e cóntase coa presenza dunhas 25 casetas que se emprazarán na Praza Anxo Fernández Gómez.

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo anuncia que, ata o 21 de xullo inclusive, todos os artesáns que queiran participar na mostra de artesanía ArteSanFroilán 2018, teñen o prazo aberto de inscrición.

Para todos aqueles profesionais da arte, o goberno provincial habilita unha sección dentro da páxina web oficial do consistorio onde os interesados poderán recibir toda a información a máis de formalizar a súa solicitude.

A participación nesta mostra está reservada para profesionais cuxa produción sexa exclusivamente de creación e elaboración propia. O material emprego debe responder ó proceso de elaboración e transformación dunha determinada materia prima.

Por outra banda, os artesáns poderán participar de xeito individual ou en conxunto. Para a selección dos participantes na mostra, puntuarase de xeito favorable a calidade e coherencia no uso da técnica, tecnoloxía, material, cores, uso de materias primas autóctonas, a antigüidade da Carta de Artesá e se o Obradoiro está inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia ademais de tódolos compoñente do proceso de elaboración das pezas.

A mostra, que se celebrará entre os días 3 e 14 de outubro, facéndoa coincidir cas festas do San Froilán, estará composta por 25 casetas que se emprazarán na Praza Anxo Fernández Gómez de Lugo. O seu horario será, polas mañás de 11:00 a 14:00 horas e polas tardes de 17:00 a 21:00 horas

ÚLTIMAS

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...