HomesociedadeA empresa Lemos e Taboada, en Sarria, recibe axudas da Xunta por...

A empresa Lemos e Taboada, en Sarria, recibe axudas da Xunta por valor de case 400.000€

A empresa Lemos y Taboada, desenvolve a súa actividade na comercialización de castañas. Coas axudas da Xunta, a empresa, ampliou as súas instalacións, construíu unha superficie cuberta e adquiriu nova maquinaria

Publicado o

- Advertisement -

A empresa Lemos y Taboada, en Sarria, desenvolve a súa actividade na comercialización de castañas, un froito típico e característico da montaña lucense, na que existen importantes extensións de soutos.

A empresa ampliou as súas instalacións coa compra e urbanización dun terreo de 7.119 metros cadrados no acceso o polígono industrial de Morelle, construíu unha superficie cuberta e adquiriu nova maquinaria con axudas da Consellería do Medio Rural.

Entre o novo equipamento adquirido atópase maquinaria precisa para o preparado comercial da castaña: distintas liñas de calibración, esterilización, escollido e secado, así como sistemas para pesar o produto e envasalo, equipos informáticos e distinto material de transporte.

O delegado territorial da Xunta visitou as instalacións desta compañía que recibiu unha  achega autonómica , por valor de 372.000 euros.

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...