HomeCulturaA soberina Mara López Rivera gaña o ‘Selfie LIX de Galicia’

A soberina Mara López Rivera gaña o ‘Selfie LIX de Galicia’

Recibirá o galardón xunto con Oriol de la Fuente Rial e Joel Covelo Gallego, outros gañadores dun certame que consistía en facer un “selfie” no que se recreara un personaxe ou unha escena dun libro de literatura infantil ou xuvenil.

Publicado o

- Advertisement -

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou este mércores, 12 de xuño, no acto de entrega de premios do concurso Selfie LIX de Galicia que tivo lugar no Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo. O certame foi convocado pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, o Consejo General del Libro, o Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil e o Galtzagorri Elkartea, para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil.

Os nenos/as participantes fixérono a través do seu centro docente ou biblioteca e a premisa era facer unha fotografía selfie na que se recreara un personaxe ou unha escena dun libro de literatura infantil ou xuvenil.

Das diferentes categorías nas que se participaba, Mara López Rivera, do CEIP Virxe do Carme de Sober, facíao na de lectores avanzados, para nenos/as de 4º a 6º de Primaria.

ÚLTIMAS

Despois de 5 concertos péchase con éxito o VI Fest Clásico Ribeira Sacra

Un dos grandes retos do Festival, con sede nos Peares, é reunir a grandes...

A ANPA da Gándara de Monforte denuncia o abandono do parque de xogos

No desenvolmento das súas funcións, a ANPA, dá a coñecer públicamente as deficiencias deste...

“Cine e Cooperación, unha ventá ao mundo”, este 12 de setembro no Cuadrado de Monforte

O Concello de Monforte acollerá este xoves, 12 de setembro, ás 20:30h unha actividade...

O PP de Monforte defenderá no pleno unha correcta planificación do ciclo da auga

O concelleiro, José Luis Rodríguez, lembra que a pasada semana os veciños das rúas...