InicioCulturaUn verán para pasalo en grande en Ribas de Sil

Un verán para pasalo en grande en Ribas de Sil

O concello vén de presentar un amplo programa de actividades de lecer con obradoiros e moitas actuacións nas que a música e a narración oral serán as protagonistas.

Publicado o

- Advertisement -

Este 1 de xullo comezarán uns obradoiros de lecer e tempo libre que, entre outras, ofrecen as seguintes actividades: manualidades, xogos, saídas socioculturais e diferentes modalidades deportivas. Están indicados para nenos e nenas entre 3 e 16 anos e o punto de encontro, tamén para apuntarse os que aínda non o fixesen, será a Aula de Pesca na Praia Fluvial de San Clodio.

Desenvolveranse de luns a venres, das 10.30 ás 13.30 h., e os prezos para anotarse van dende os 10 euros por unha semana aos 30 para quen queira aproveitar os meses de xullo e agosto.

Á marxe destes interesantes obradoiros lúdicos e de entretemento, o concello presenta un amplo programa de actividades relacionadas coa música, a maxia e a narración oral no anfiteatro da Praia Fluvial.

Este mes de xullo, o domingo 14 ás 20:00 h. estará Pakolas co seu concerto musical e participativo; o 21 á mesma hora Anxo Moure agasallará aos presentes cunha interesante sesión de contos eco-pacifistas, e o 28 O Mago Deimi ofrecerá un obradoiro de maxia pola mañá, ás 12.00 h. -na Aula de Pesca- e unha actuación de escenario ás 20:00 h.

Mago Deimi / Hermanager Producións

Este vindeiro sábado, 6 de xullo, coincidindo co aniversario do Restaurante Praia Fluvial, o músico Sergio Alba ofrecerá un coidado, entretido e nostálxico concerto en acústico baixo o título TDK D’90 ás 24.00 h. Unha homenaxe ás cancións gravadas en casetes para escoitar no walkman ou nos mellores guateques da época.

Os sábados 20 e 27 en horario de tarde haberá inchables para os máis pequenos.

Anticipando xa agosto, volverán os inchables os sábados 3 e 10 pola tarde, o domingo 4 o contacontos Brais Moure presenta “A Galicia Máxica de Antón Fraguas”, Paco Nogueiras chega con “Brinca Vai, de aquí para acolá” o venres 16 e xa rematando o mes, Servando Barreiro amenizará a tarde do día 25 co seu espectáculo “Historias para contar e cantar”. Todos os espectáculos ás 20:00 h.

O venres 16, coincidindo co último día das Festas Patronais, terá lugar a Festa da Infancia e da Xuventude. Haberá inchables, futbolín humano e festa da escuma para os/as máis pequenos/as e 2 interesantes concertos na Praza do Concello ás 23:00 h. para os ‘menos pequenos/as’: Sr. Jingles e Gin Toni’s.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...